Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os encoros das Rías Baixas recuperan a súa capacidade pero os do norte seguen estancados

Os encoros das Rías Baixas recuperan a súa capacidade pero os do norte seguen estancados

Na contorna do encoro de Eiras, en Fornelos de Montes, recolléronse 500 litros por metro cadrado nos últimos dez días

Na comarca da Coruña e de Ferrol as chuvias foron máis escasas e non conseguiron aliviar a seca dos encoros

 

G24.gal 22/11/2026 14:34

Aínda que as chuvias foron puntualmente intensas estes días, non se repartiron igual por todo o país. Os encoros do norte seguen sen experimentar unha recuperación significativa para estas datas. A presa de Cecebre, que abastece a comarca da Coruña, permanece estancada no 36,39% da súa capacidade. Un rexistro idéntico ao de principios de mes, cando acadou o nivel máis baixo dos últimos 15 anos. 

A situación é similar no encoro das Forcadas, que subministra a comarca de Ferrol. O seu estado actual é o mesmo ca nos primeiros días de novembro: está ao 28% da súa capacidade despois de marcar, hai só uns días, o seu mínimo histórico, no 25,7%. 

Pola contra, os encoros de abastecemento das Rías Baixas si que mudaron notablemente o seu estado, ata o punto de acadar a cota máxima no caso da presa de Eiras, que abastece a comarca de Vigo. Este encoro chegou ao seu nivel máis baixo o pasado día 10, cando estaba ao 31% da súa capacidade. Estes últimos días superou o 81% e xa verte a auga sobrante ao río Oitavén.

A recuperación esténdese tamén ao encoro de Baíña que subministra Baiona. O día 9 estaba nunha situación crítica, con tan só o 14% da súa capacidade. Hoxe supera o 30% e xa non depende do bombeo de urxencia de Vigo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade