Cargando resultados...
Incomunicadas tres aldeas de Quiroga durante todo este domingo
Un torrente de auga, barro e cinza corta a estrada e illa a xente cada vez que chove
Vista dende un coche da estrada cortada
Félix Aragunde
16/11/2026 14:11
Un torrente de auga, barro e cinza corta a estrada en Paradapiñol cada vez que chove. Como consecuencia, esta e outras dúas aldeas das parroquias de Vilarmel e Cereixido, en Quiroga, quedan totalmente incomunicadas, como ocorreu este domingo.
A veciñanza afectada vén padecendo este problema dende os incendios do ano pasado, que asolaron esta zona do val do Soldón. Segundo denuncian, reclamaron en repetidas ocasións a actuación de urxencia nesta estrada municipal, que polo momento permanece no mesmo estado.
Unha situación precaria que non deixa de provocar a indignación nos núcleos illados pola chuvia e pola inacción administrativa.