Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha empregada do fogar por furtar xoias valoradas en máis de 50.000 euros

Detida unha empregada do fogar por furtar xoias valoradas en máis de 50.000 euros

A Garda Civil atopou as pezas agochadas nun azucreiro e enterradas en testos

G24.gal 16/11/2026 14:01

Desapareceron xoias valoradas en máis de cincuenta mil euros dunha vivenda da localidade coruñesa de Betanzos. A denuncia da vítima fixo pensar nun primeiro momento nun roubo, porque segundo o Sarxento de Policía Xudicial de Betanzos "ela sospeitaba que a noite anterior á denuncia entraran pola forza á súa vivenda e roubaran as xoias".

Pero as investigacións acabaron seguindo outro camiño, apuntando a que a persoa responsable debía pertencer ao círculo próximo da vítima porque tal e como apuntan os investigadores, "non se observou unha entrada forzada á vivenda", como as que habitualmente investigan.

Unha muller que traballaba como empregada do fogar foi identificada como presunta autora do roubo. Durante o rexistro ao seu domicilio apareceron as xoias. Algunhas estaban ocultas nun azucreiro e outras enterradas en testos de plantas.

Entre as pezas recuperadas tamén apareceron algunhas que a propietaria non recoñeceu como súas. Os investigadores tratan aínda de descubrir a súa procedencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade