Detido un veciño de Cariño como presunto autor de varios delitos de roubo
Os feitos sucederon a raíz dos roubos acaecidos desde finais de maio en varias localidades da zona, xerando unha gran alarma social
Imaxe cedida pola Garda Civil
A Garda Civil do Posto de Ortigueira detivo un varón, veciño de Cariño, como presunto autor de varios delitos de roubo.
Os feitos sucederon a raíz dos roubos acaecidos desde finais de maio en varias localidades da zona, xerando unha gran alarma social.
A Garda Civil iniciou unha investigación co fin de esclarecer os ilícitos e identificar o autor ou autores destes.
Os gardas civís actuantes recabaron evidencias e indicios que conduciron á identificación do presunto responsábel dos feitos e ao esclarecemento de 15 delitos de roubo ocorridos en igrexas das localidades de Ortigueira, Cariño e Cedeira, un nas instalacións do campo de fútbol de Cariño, a subtracción de dous vehículos, usados posteriormente para a comisión dos ilícitos, e un delito de roubo no interior dun vehículo.
A Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunto autor de varios delitos de roubo.