O Sergas celebra en Silleda novas oposicións con máis de 10.000 aspirantes
Na quenda do sábado están convocadas case 10.000 persoas e na do domingo, un total de 1.170
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) celebra esta fin de semana novas probas selectivas a distintas categorías profesionais no recinto feiral de Silleda, ás que están convocadas 10.172 persoas.
Na quenda do sábado pola mañá hai 1.170 aspirantes ás prazas de medicina xeral da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), farmacia e odontoloxía de atención primaria, persoal técnico en xestión de sistemas e tecnoloxías da información e calefactor.
Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, 7.800 persoas enfróntanse ás probas de acceso á categoría de celador, cun total de 348 prazas.
O domingo pola mañá remata esta quenda d eprobas selectivas cos exames de médicina asistencial do 061, terapeuta ocupacional, dietista-nutricionista e electricista, con 1.202 persoas convocadas.
Durante este outono, o departamento sanitario da Xunta organiza as probas para acceder a un total de 2.223 prazas.