Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Servizo Galego de Saúde continúa coas probas para acceder a 2.223 prazas

O Servizo Galego de Saúde continúa coas probas para acceder a 2.223 prazas

Das 9.500 persoas convocadas este domingo acodiron algo máis do 67% 

Nos exames da vindeira fin de semana, hai máis de 10.000 inscritos 

G24.gal 08/11/2026 21:09 Última actualización 08/11/2026 21:52

Nos meses de outubro e novembro, o Servizo Galego de Saúde está a levar acabo as probas para acceder a un total de 2.223 prazas.

A deste domingo foi unha nova xornada de nervios, de últimos repasos e de moitas expectativas para acadar unha das prazas que oferta o Servizo Galego de Saúde.

"Viñen varias veces, nervios si que hai"
"Si que estou nerviosa, xógaste todo a unha carta", din algúns opositores.

Na quenda da mañá estaban convocados en Silleda preto de 1.500 opositores para cubrir 76 prazas en diferentes categorías profesionais, coma médico de admisión e documentación clínica ou traballador social. Acudiu algo máis do 78 % dos inscritos.

"Desde que entramos na carreira era o que queriamos, unha praza no Sergas"

Non só se reparten exames, tamén se poñen sobre a mesa expectativas, esforzo e moitos proxectos de futuro. 

"Para avanzar na vida hai que ir pasando retos, este é un, conseguir a praza"
"O que buscas é unha estabilidade laboral para poder facer un proxecto de vida", destacan outros opositores.

Na quenda de tarde estaban inscritas 8.003 persoas para os exames de acceso ao grupo auxiliar da función administrativa, con 192 prazas ofertadas. Acudiron ás probas algo máis de 5.200 opositores, un 65,53 % de participación.

A vindeira fin de semana, os días 14 e 15 de novembro, Silleda volverá recibir milleiros de candidatos doutras categorías profesionais.

"Serán as dúas últimas xornadas, o sábado e o domingo, con máis de 10.000 aspirantes convocados", di a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade