Medran as expectativas da visita a Santiago do Papa tras manifestar o seu desexo
"Querer, quero. Outra cousa é o que un poida facer", asegurou no avión camiño de América do Sur
Na capital galega, tanto locais como visitantes pensan que sería unha cita histórica
Durante o seu último voo a América do Sur este venres, o Papa León XIV confirmoulle a unha xornalista o seu desexo de visitar a capital galega.
"Querer, quero. Outra cousa é o que un poida facer".
Esas foron as palabras do pontífice, que abriron aínda máis a porta a unha posibilidade xa existente. Moitos galegos ven a cita como unha gran repercursión.
"A visita crearía unha sensación moi emocional e, ao mesmo tempo, crearía moitos beneficios económicos".
"Si que vendería moito, non pararía de entrar xente", explica Justina Pereira, de Joyería Platería Quintana.
Esta é a primeira vez que o Papa confirma en primeira persoa o seu desexo de achegarse á tumba do Apóstolo. Tanto os locais coma os visitantes da cidade consideran que, de facerse realidade, sería unha visita histórica, e máis se temos en conta a relevancia que terá o 2027.
"O ano que vén é Ano Santo, sería unha ocasión perfecta para que viñera".
As autoridades eclesiásticas de Compostela xa mostraron o seu entusiasmo polas declaracións que, aínda que non confirman nada, alentan a seguir traballando en preparar a cidade para aqueles que teñen claro que non perderían a cita.
"Eu non son católica, mais o Papa é unha figura moi relevante. Viria co certeza".
"Sería moi positivo. Atraería máis peregrinación e moita xente devota".