Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta e Abanca alíanse para promover o Xacobeo

A Xunta e Abanca alíanse para promover o Xacobeo

Rueda e Escotet asinaron un acordo con 3 millóns de euros para a proxección internacional de Galicia

Nos próximos días vaise bater un novo récord de peregrinos

EFE/Lavandeira jr
G24.gal 15/10/2026 14:23

Alfonso Rueda e Juan Carlos Escotet selaron o acordo coa Catedral de fondo. Unha alianza que busca proxectar Galicia ao mundo a través de concertos, eventos deportivos e exposicións entre outras actividades culturais. 

Escotet dixo que  "Galicia recibiu moito do Xacobeo ao longo destes anos, e dende Abanca estamos moi orgullosos de poder camiñar ao seu lado".

Rueda agradece o apoio de Abanca para facer, dixo, o mellor Xacobeo da historia: "O Xacobeo ten que ser un dos motores do crecemento que está experimentando Galicia e queremos aproveitar esta enorme oportunidade con moito optimismo pero tamén con moita responsabilidade", matizou o presidente da Xunta.

Nos próximos días o Camiño de Santiago vai superar o récord das 530.000 compostelas seladas o ano pasado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade