Conta atrás para o Xacobeo 2027
Galicia prepárase para un Ano Santo que se prevé excepcional
En marcha a promoción dun evento con importantes repercusións económicas
Galicia prepárase para o Xacobeo 2027. Sen perder a súa esencia espiritual, os Anos Santos convertéronse nas últimas décadas en eventos dunha grande trascendencia económica. É o mellor escaparate para darnos a coñecer no resto do mundo. O obxectivo é desestacionalizar as chegadas e que as súas repercusións trascendan fora das rutas tradicionais do Camiño de Santiago.
A promoción turística xa está en marcha con campañas en destino, nas cidades, aeroportos e estacións de tren. Ainda que o boca a boca segue a ser o seu principal aliado. O comisario do Xacobeo 2027 destaca que o máis importante é que os visitantes queden satisfeitos porque eso garantiza que volvan repetir e atraian máis xente.
Marcos Gómez di que haberá unha programación cultural para todos os gustos e espallada por toda a comunidade. Non descarta a fichaxe de algunha estrela internacional. E non oculta que o colofón ideal do Ano Santo 2027 sería a visita do Papa León XIV.