Luismi Cruz: "O Alavés é un rival directo e temos que ir polos tres puntos"
O extremo do Deportivo destaca as ganas do equipo de volver competir tras a parada e celebra a recuperación de efectivos antes da visita a Mendizorroza
O Deportivo prepara o regreso á competición coa visita do sábado ao Alavés. Luismi Cruz puxo voz ás ganas do vestiario de volver xogar e destacou a recuperación de varios compañeiros, entre eles Zacaría e Bright Ede, aínda que a presenza deste último no encontro continúa no aire.
"Estamos todos con moitas ganas de volver competir", afirmou o extremo.
Tamén valorou positivamente o regreso dos internacionais e a maior competencia interna que supón recuperar efectivos.
A parada serviu ademais para analizar o empate ante o Español e corrixir erros.
"Ese partido sérvenos para aprender. Estamos atopando escenarios aos que non estamos afeitos", explicou.
Sobre o compromiso en Mendizorroza, Luismi Cruz subliñou a importancia de sumar os tres puntos ante un rival directo. "Temos que ir coa ambición de gañar. Mirar máis alá do sábado sería equivocarnos", advertiu.
No Dépor entenden da importancia de centrarse no próximo encontro antes de afrontar os duelos ante o Barcelona e o Real Madrid.