Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nsongo Bil, Amatucci e Noubi, primeiros internacionais en reincorporarse ao Deportivo

Nsongo Bil, Amatucci e Noubi, primeiros internacionais en reincorporarse ao Deportivo

Hidalgo terá a todos os seus xogadores o venres, un día antes do partido contra o Alavés en Vitoria

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 18/11/2026 15:04 Última actualización 18/11/2026 15:10

O dianteiro camerunés Nsongo Bil, o centrocampista italiano Lorenzo Amatucci e o defensa belga Lucas Noubi foron os primeiros internacionais en reincorporarse aos adestramentos do Deportivo. Dos tres, o único que non saltou ao céspede da cidade deportiva de Abegondo este mércores foi o atacante africano, que fixo traballo de recuperación no ximnasio.

Nsongo Bil disputou 170 minutos nos dous partidos que Camerún disputou nesta fiestra FIFA, alén de completar unha longa viaxe de 18.000 quilómetros. Lucas Noubi, que case completou os dous partidos da selección sub-21 de Bélxica, só fixo a activación co grupo, mentres que Amatucci si completou a sesión ás ordes de Antonio Hidalgo.

O corpo técnico do Dépor espera para mañá a chegada do internacional sub-21 David Mella, mentres que o uruguaio Josema Giménez incorporarase o venres, un día antes do partido contra o Alavés en Vitoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade