Cargando resultados...
O Dépor Museo & Tour, un percorrido por 120 anos de historia do club e a comunidade
O espazo abriu en febreiro de 2026 no estadio de Riazor con tres salas diferenciadas por cores
Permite contemplar, xuntos por primeira vez, os sete trofeos dos sete títulos que gañou o Deportivo
G24.gal
14/11/2026 15:30
Na rede oficial de Museos de Galicia hai recoñecidos un cento de espazos. Só un deles está dedicado ao deporte. É o museo do Deportivo da Coruña, que abriu as súas portas hai uns meses para contar a historia dun club que fai xa 120 anos.
Os visitantes destacan a emoción de contemplar a vida do club nas salas cheas de antigas sorpresas e tamén a impresión do paseo polo estadio co que remata a visita.