O Dépor empata co Español na primeira portería a cero en Liga
Leo Román foi o mellor do Deportivo cando máis o precisaba
O Español impuxo o seu xogo, pero o Dépor salvou o empate
O xogador máis cuestionado foi o que máis brillou. O porteiro deportivista, Leo Román, viña acumulando unha serie de erros que lle estaban custando críticas por parte dos afeccionados deportivistas. Desde o club, o apoio era total e hoxe viuse recompensado. O Deportivo empatou 0-0 en Cornellà ante un gran Español grazas, en boa medida, as paradas de Román, obridado a sacar ata tres paradas sobre a liña de gol.
As súas mans sostiveron a un Dépor moi acosado polo rival e dánlle un valioso punto aos coruñeses. O Español abría un novo capítulo con novo adestrador no banco. Eder Sarabia movía o once e cambiáballe a cara a un conxunto barcelonés necesitado de boas sensacións.
Logo dun comezo lento e a pausa para recordar a Jesús de Miguel, comezaron a chegar as ocasións en ambas as porterías, con contras que ameazaban tanto a Román como a Fortuño. O Dépor trataba de xogar rápido e pillar ao rival xogando ás súas costas. Partido incómodo para Yeremay, que non lograba elaborar, e que saiu no descanso xunto a Luismi Cruz para deixar sitio a Aubameyang e Villares.
O Español mantivo a iniciativa na segunda metade e ata puido quedar con dez por unha dura entrada de Santiago sobre Nsongo. O Dépor, xa nos últimos minutos, foi a polo empate, e o estado de graza de Leo Román permitiu somar un valioso punto en Cornellà.