Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Copa do Mundo está hoxe en Galicia e visitou a sede da CSAG

A Copa do Mundo está hoxe en Galicia e visitou a sede da CSAG

Dentro da súa xira nacional 'Reis do Mundo', o trofeo conquistado pola selección española de fútbol fixo parada en Santiago

O seleccionador nacional, Luis de la Fuente, loou na CSAG as cualidades dos futbolistas galegos

G24.gal 19/11/2026 14:06

A visita ten un marcado acento galego, porque se algo tivo este título mundial é selo da terra desde o céspede coa participación do dianteiro compostelán Borja Iglesias, ata a presidencia da Federación con Rafael Louzán. O seleccionador nacional destacou as cualidades dos futbolistas galegos. 

O trofeo que acredita a España como campioa do mundo por segunda vez na súa historia, foi a protagonista da xornada nas instalacións dos servizos audiovisuais de Galicia. Louzán loou o compromiso deste medio coa difusión do deporte galego. 

En Santiago, a copa será a protagonista de tres xornadas de actividades que inclúen unha exposición aberta ao público na Cidade da Cultura, unha ofrenda ao Apóstolo e unha homenaxe ao fútbol galego. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade