O Celta en Salamanca ante a Copa do Rei: "Temos que sair ao 200%"
Claudio Giráldez destacou a dificultade dun Salamanca en boa dinámica
Caen da convocatoria inicial Capde e Ribes, que deben cumprir sanción co Fortuna
O Celta de Vigo enfróntase á primeira eliminatoria da Copa do Rei este venres ante o Salamanca UDS de Iker Muniain. O partido, aprazado polo accidente ferroviario de Urda, é dos últimos que faltan para pechar esta eliminatoria.
Claudio Giráldez viuse obrigado a restruturar a súa convocatoria polos homes da enfermaría e outros que viaxan coas súas seleccións, como Cáceres. É polo tanto un partido para que brille a canteira ante as grandes ausencias. Entre as novidades na convocatoria: o porteiro Marcos González, Ángel Arcos, Vlad Silva e Milla, que se incorporan do Celta Fortuna. Non estarán finalmente Ribes e Capde, sancionados na Liga, aos que non lles permitiron viaxar a Salamanca.
En declaracións previas ao encontro, Giráldez destacou a fortaleza e o gran estado de forma do seu rival e avisa para non confiarse. "A copa non perdoa, cada partido é unha final. Eles van saír ao 200% e non temos que igualar esa intensidade".