Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Rodríguez, mellor xogador de outubro tras chegar aos cen partidos co Celta

Javi Rodríguez, mellor xogador de outubro tras chegar aos cen partidos co Celta

O de Poio lembra o partido de Glasgow: "Foi un partido moi especial. Achegar os goles da vitoria foi algo incrible. Ao rematar o partido nin o cría"

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 10/11/2026 13:25 Última actualización 10/11/2026 13:35

O defensa celeste converteuse no xogador MVP Estrella Galicia do mes de outubro, un recoñecemento que concede a afección celeste e que pon en valor o seu gran rendemento durante as últimas semanas de competición. Javi Rodríguez fíxose con este galardón, tras impoñerse na votación a Álvaro Núñez, Ferran Jutglà e Aleix Febas.

Javi asinou un mes especialmente brillante, demostrando a súa capacidade para achegar en ambas as áreas e ser decisivo para o equipo. O central participou directamente en catro goles durante outubro, con tres tantos e unha asistencia. Especialmente destacadas foron as súas actuacións ante o Deportivo Alavés, fronte ao que marcou un gol e repartiu unha asistencia, e ante o Celtic F. C., onde asinou un dobrete que contribuíu a unha importante vitoria europea en Glasgow.

“Foi un partido moi especial. Achegar os goles da vitoria foi algo incrible. Ao rematar o partido nin o cría”, lembra o defensa sobre aquela noite.

O de Poio tamén pensa xa nos próximos retos, co inicio da Copa do Rei no horizonte.

“É unha competición especial, así que esperamos comezala cunha vitoria e chegar o máis lonxe posible”, sinala.

Por último, Javi quixo agradecer o apoio de todas as persoas que fixeron posible este recoñecemento. 

“Moitas grazas, afección, por votarme como xogador do mes de outubro. Estou moi contento por recibir o premio e por poder achegar ao equipo con goles e de todas as formas posibles”.

Javi Rodríguez (23 años) segue batendo marcas. O central de Poio converteuse este pasado domingo, no partido contra o Levante, no primeiro futbolista da nova fornada da canteira en cumprir cien partidos co Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade