Un Deportivo Abanca en inferioridade cae 0-2 co Valencia e cunha arbitraxe polémica
Segunda derrota consecutiva das galegas
A colexiada expulsou a Michi Apóstol no minuto 15
O Dépor ABANCA pechou a xornada 10ª de Liga F este luns 9 de novembro cunha inxusta derrota por 0-2 ante o Valencia C. F. feminino tras unha actuación arbitral con graves erros.
Este resultado deixa ás galegas con 11 puntos en la 10ª posición. Foron baixa por lesión Inês Pereira, Merle Barth, Espe Pizarro, Millene e Eva Alonso, estas dúas últimas ausencias confirmadas minutos antes do choque.
Pola súa banda, o Valencia comeza a dar síntomas de recuperación e sumou o seu segundo triunfo consecutivo. O conxunto valencianista, xa dirixido polo brasileiro Lucas Piccinato, impúxose ao Deportivo Abanca nun encontro condicionado pola expulsión de Michi Apóstol no minuto 16, que deixou ao equipo galego en inferioridade numérica durante boa parte do partido.
Alberto Rodríguez: "Non creo, non teño claro que o criterio se mantivese sempre".
Tras o descanso, o Valencia aproveitou a súa superioridade para facerse co control do encontro e traducir o seu dominio en goles. Danielle Marcano abriu o marcador ao recoller o rexeite dun disparo de Wifi, mentres que Yasmin Mrabet sentenciou o choque cun remate de cabeza á saída dun córner botado por Tamarit.