O Celta é o equipo menos goleado da liga e o cuarto con menos gol
Tamén é o terceiro equipo da Liga que menos remata a portería, o cuarto que menos remata entre os tres paus
Hai unha nube: son 7 partidos nesta liga sen marcar un gol; e hai un claro: son 6 partidos nesta liga sen encaixar un gol. Claudio atisba raiolas no horizonte.
Tamén pide tranquilidade. Ante o Levante o Celta disparou 23 veces, 8 foron entre os tres paus. E porén, nun encontro de esaxerado dominio celeste, houbo cero goles.
O paradoxo actual. O Celta pecha a defensa -é o menos goleado da liga- e non amosa pegada no ataque -o cuarto con menos gol do campionato-. Un muro e un baleiro. Porque o acontecido ante o Levante non é o habitual esta tempada. Van 12 xornadas. O Celta é o terceiro equipo da Liga que menos remata a portería, o cuarto que menos remata entre os tres paus.