Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un bo Celta non pasa do empate ante o Levante (0-0)

Un bo Celta non pasa do empate ante o Levante (0-0)

Os celestes mereceron un mellor resultado pero careceron de puntería nos metros finais

Na primeira metade anuláronlle dous goles por fóra de xogo

Os levantinos tiveron unha última oportunidade para lervarse o partido na última xogada do choque

G24.gal 08/11/2026 20:14

O Celta non foi quen de derrotar ao Levante tras dominar un partido de principio a fin no que desperdiciaron multitude de ocasións e no que o meta visitante Ryan foi o mellor xogador do seu equipo. Ademáis a fortuna non acompañou ao cadro vigués que vería como na primeira metade fóronlle anulados dous goles, a Javi Rueda e Pablo Durán , ambos por estar en posición de fóra de xogo.

A posta en escena dos celestes foi inmellorable. Un equipo dominador que chegaba con facilidade á área contraria. Pablo Durán errou un man a man co meta australiano do equipo valenciano, Javi Rodríguez atopouse co pau e Driouech e Aspas non acertaron nos metros finais nas chegadas á área contraria.

Na segunda metade non variou o guión do choque. Hugo Álvarez e Javi Galán sumáronse ao partido para darlle máis enerxía ó equipo de Giráldez que seguía chegando con facilidade á área contraria. Pero co paso dos minutos o equipo celeste notou o cansazo despois de xogar o pasado xoves partido de Europa League. Aínda así Pablo Durán gozou de dúas boas ocasións onde se topou de novo co porteiro levantino. Na última xogada do partido o Levante puido levarse un botín maior nunha xogada de Brugué pero por sorte para os intereses olívicos o dianteiro non atinou coa meta de Radu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade