O Celta recibe o Alavés coa lembranza do sucedido a pasada temporada
Foi na semana previa a reconquista viguesa; despois de eliminar ao Olímpico de Lyon o Celta gañaba contra o Alavés por tres a cero nunha tarde plácida e solleira na que escintilou Ferrán Jutglá, que marcou dous goles.
Acabou perdendo catro a tres nunha segunda metade na que os celestes non encontraron o sitio no campo.
Quedou daquel partido a aprendizaxe e a xenreira.
O que non mudou foi o estado de forma de Hugo Álvarez: marcou naquel partido, marcou esta semana contra a Juventus e está sendo determinante esta campaña para Giráldez. E petando na porta xa está Andrés Antañón.
Starfelt, Román, Juns, Pablo Durán e Borja Iglesias son baixas realmente importantes. Aspas sí está, con molestias, pero está, Borja non volve ata decembro.
Un triunfo do Celta e vigueses e vitorianos quedarían empatados na zona alta da clasificación.