Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira derrota do Río Breogán na Liga Endesa (108-102)

Primeira derrota do Río Breogán na Liga Endesa (108-102)

Perdeu en Andorra nun mal segundo tempo, no que recibiu 65 puntos

Mavra foi baixa por un proceso vírico

G24.gal 17/10/2026 21:43

Na liga ACB comezou a cuarta xornada é a cuarta chegou a primeira derrota do Río Breogán. Foi en Andorra, nun partido no que os de Luis Casimiro foron de máis a menos.

Os lucenses non puideron contar cun dos seus mellores xogadors, Mavra, baixa por un proceso vírico. Aínda así, a saída do Breogán foi boa. Exhibición en ataque no primeiro cuarto con 31 puntps e 17 de máxima no segundo cuarto.

O Andorra igualou o partido no terceiro. Cun parcial de 11-0 conseguiu incluso tomar vantaxes no marcador. Esas rendas dos andorranos fixéronse máis amplas no ecuador do último cuarto. O veterano Kuric marcou as diferenzas con 26 pountos. A defensa do Breo concedeu 65 puntos desde o descanso. Volveu superar os 100 anotados pero esta vez non foi suficiente. Francias Alonso, con 24, puntos, e Mihailo Andric, con 18, foron os máximos realizadors do equipos lucense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade