Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán quere prolongar o seu momento máxico na pista do Andorra

O Río Breogán quere prolongar o seu momento máxico na pista do Andorra

O equipo de Luís Casimiro, líder despois de tres xornadas, visita a pista do pechacancelas

"Cando as cousas vaian mal é cando temos que demostrar o equipo que somos", asegura o adestrador

G24.gal 15/10/2026 13:12

Son días de leite e rosas para o Río Breogán. A presidenta Carmen Lence quixo amosar o seu apoio ao equipo xusto antes de marchar cara a Andorra, onde xogarán a cuarta xornada da Liga Endesa. Nos tres primeiros partidos o rendemento do Breogán está a ser extraordinario con pleno de vitorias e igualando unha marca de había corenta anos, gañar anotando máis de cen puntos. 

O adestrador Luis Casimiro quere ter os pés no chan, pero loa a mentalidade dos xogadores: "Ninguén se queixa, sempre houbo boa disposición desde o inicio da temporada. Na vida, cando todo vai ben, todo o mundo está preparado. Cando as cousas vaian mal será cando poidamos demostrar o equipo que somos", asegurou Casimiro. 

O seu traballo para esta semana é o de poñerse na situación do adestrador contrario e mentalizar aos xogadores do que se van atopar no Principado. "Seguro que eles están traballando na idea de gañarlle a un equipo da zona alta para acadar a primeira vitoria" dixo o técnico manchego que avisa da mentalidade coa que hai que afrontar o partido: "Se pensamos que todo é bonito e doado, estariamos equivocándonos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade