Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo, na previa contra o Levante: "Concedendo pouco estamos encaixando moitos goles"

Hidalgo, na previa contra o Levante: "Concedendo pouco estamos encaixando moitos goles"

O cadro coruñés abre os partidos desta xornada o venres en Riazor (21:00 horas)

O adestrador quere mellorar no traballo defensivo porque o equipo encaixou nos oito partidos da temporada

G24.gal 15/10/2026 09:54

A mellora pasa polo traballo defensivo. O Deportivo aínda non conseguiu deixar a portería a cero en ningún dos oito partidos que xogou ata o de agora. Para ter éxito en Primeira é fundamental poñer o cadeado na propia porta e niso esfórzase Antonio Hidalgo en mellorar: "Concedendo pouco estamos encaixando moitos goles", comentou o adestrador despois de recibiren tres tantos no último partido contra a Real Sociedade. 

O Deportivo continúa sen contar con Zakaria, Aubameyang e Casadó, mancados para as vindeiras semanas. O resto do cadro está dispoñible para o adestrador. O Levante, cun partido menos que os coruñeses, está un posto por riba do descenso. Só conseguiu gañar un partido no que levamos de torneo ligueiro (5-2 ao Betis) e tamén é dos que concede en defensa -10 goles nos últimos tres partidos-. 

Hidalgo quixo destacar o rendemento que está a ofrecer o central polaco Ede aos 19 anos. E tamén o que están medrando xogadores como Yeremay ou Traoré que apenas fixeron pretemporada e que comezan a atopar o seu mellor momento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar