Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino debuta na Eurocup Women na pista do poderoso Montpellier

O Ensino debuta na Eurocup Women na pista do poderoso Montpellier

O equipo francés chegou ás semifinais desta competición o ano pasado e é un dos candidatos a gañala

O partido verase este xoves ás 20_00 horas na G2

G24.gal 15/10/2026 08:57

O Durán Maquinaria Ensino debuta na Eurocup Women este xoves ás 20:00 horas, en directo pola G2. O equipo lugués afronta con ilusión este regreso europeo aínda que desde dentro do club saben que a prioridade é a Liga Feminina na que comezaron con 1 vitoria e 2 derrotas o campionato. O triunfo contra o Araski aliviou un pouco a situación anímica do equipo que non comezara con boas sensacións despois de dúas derrotas contundentes. 

O rival da primeira xornada será o favorito do grupo, o Montpellier francés. Un equipo que a campaña pasada chegou ás semifinais desta competición e que está entre os favoritos para acadar o título. O Montpellier mantén boa parte do plantel que tan boa campaña fixo na 25-26 pero perdeu a dous referentes como Anglomá e a ex de Baxi Ferrol Pospisilova. 

Dentro dun calendario moi esixente, o Ensino terá que voltar de Francia e preparar outro partido de máximo nivel, diante do Zaragoza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos