Mala segunda xornada para as galegas na LF Endesa
Os tres equipos galegos perden na segunda xornada
Celta, Ensino e Baxi terán unha nova oportunidade esta fin de semana
Tocaba saídas para os equipos galegos femininos de baloncesto, que se estrearan nesta LF Endesa na casa. E o comezo a domicilio non foi o mellor para ningún dos tres.
Comezaba o Celta Femxa Zorka con derrota en Donosti ante o Mirai Euskotren por 75 a 65.
O Estepona-Ensino foi o encontro que vivimos na Televisión de Galicia nesta xornada. As luguesas comezaron o partido algo apagadas, pero erraron sobre todo no terceiro cuarto, onde as locais conseguiron unha ampla vantaxe, para rematar levando a vitoria por un destacado 82-55.
Tampouco tivo sorte o Baxi Ferrol, que se enfrontaba a un equipo de moito nivel, como o Club Jairis. As murcianas impuxéronse na casa por 74 a 61.
Toca pensar xa na terceira xornada, que viviremos esta mesma fin de semana. Na G2 e A Galega poderemos ver o Baxi Ferrol-Estepona.