Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goleada do Real Madrid ante o PSV Eindhoven (5-1)

Goleada do Real Madrid ante o PSV Eindhoven (5-1)

Os de Jose Mourinho déronlle a volta ao partido na segunda metade tras facer unha discreta primeira parte

Valverde, Bellingham Mbappe en dúas ocasións e Vinicius foron os goleadores do equipo branco

Pleno de triunfos na primeira fase para o equipo madrileño que se coloca coma líder da competición

@realmadrid @realmadrid
G24.gal 24/11/2026 22:04

Cinco xornadas e cinco triunfos. Ese é o balance do Real Madrid na Champions League despois de derrotar ao PSV Eindhoven no Santiago Bernabeu tras darlle a volta a un partido ao que chegou por detrás no marcador ao intermedio.

O Real Madrid na primeira metade reincidiu nos erros cometidos ante o Real Club Celta o fin de semana  pasado. E o equipo holandés aproveitouno para achegarse con perigo a meta de Courtois grazas as súas perigosas contras. Van Bommel , Sano e Perisic ameazaban á area do equipo branco e os de Eindhoven adiantaríanse no marcador grazas a un penalti, asubiado a instancias do VAR, e convertido por Perisic no treito final da primeira metade.

No descanso Jose Mourinho moveu o banco. Tchouameni, Militao e Rudiger quedaban no caseta e entraban no seu lugar Konate, Hujsen e Bellingham. E ao pouco da reanudación Valverde igualaría o partido tras unha xenial deixada co calcaño de Arda Guler. Despois chegaría o golazo de Bellingham tras controlar un balón na frontal da área e conectar unha volea que superou o meta visitante. Xa co marcador en franquía Mbappe anotaría dous novos tantos e Vinicius redondería a goleada certificando o quinto triunfo merengue nesta edición da Champions League.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade