Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mala xornada na Liga Feminina de baloncesto

Mala xornada na Liga Feminina de baloncesto

Os tres equipos galegos perderon

O Baxi caeu diante do Palma (58-83)

O Ensino sufriu unha malleira diante do Xirona (65-107)

O Celta Femxa Zorka tivo opcións en Estepona, pero tampouco puido gañar (79-74)

Foto: FEB
G24.gal 22/11/2026 19:16

Mala xornada para os nosos equipos na liga feminina. Perderon os tres.

O Baxi caeu na casa 58-83 ante o Azulmarino Mallorca, no regreso de Blanca Millán á Malata. Do mellor para o conxunto de Lino López, os primeiros puntos de Gala Mestres na liga. A catalá estase reincorporando tras a súa baixa por maternidade. O Baxi é oitavo con cinco vitorias. 

Foto: FEB

Só unha ten o Celta, que perdeu na cancha do Estepona 79-74. Logo de entrar no derradeiro cuarto 16 abaixo, un parcial de 13-25 nos derradeiros dez minutos a piques estivo de darlles a vitoria. Ronsiek, con 22 puntos, foi a máxima anotadora do partido. 

Malia a derrota, as viguesas deixan o posto de descenso, que ocupa agora o Ensino. As luguesas perderon por máis de 40 puntos diante do Xirona, nun encontro moi desigual.

Foto: FEB Foto: FEB
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade