Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino, obrigado a gañar ante o BLMA francés para manter as opcións na EuroCup

O Ensino, obrigado a gañar ante o BLMA francés para manter as opcións na EuroCup

A G2 e AGalega.gal ofrecerán o partido en directo a partir das 20:00 horas

Foto Ensino Lugo
G24.gal 04/11/2026 11:15 Última actualización 04/11/2026 11:25

Seguimos con competición europea. Hoxe mércores 4 de novembro, ás oito do serán, desde Lugo, xógase encontro entre o Durán Maquinaria Ensino e o BLMA francés (Basket Lattes Montpellier).

As lucenses tamén afrontan unha xornada importante para as súas aspiracións de clasificación na EuroCup. O equipo de Suso Garrido ocupa a terceira praza do grupo J, cun balance dunha vitoria e dúas derrotas, mentres que o conxunto francés figura na segunda posición, con dous triunfos e unha derrota. O Ensino buscará facerse forte no Pazo dos Deportes e mellorar o resultado do encontro da primeira volta, en que caeu en Montpellier por 89-64.

Este duelo adquire unha tinguidura especial e definitiva para os intereses locais, xa que se trata do último encontro como local da fase de grupos, posto que os dous compromisos restantes desta liguiña disputaranse lonxe de Lugo, en terras de Polonia e Grecia.

O segundo adestrador do Ensino, Diego Fernández, analizou as claves do choque ante un rival de entidade. Sobre o potencial do conxunto francés, falou das súas virtudes.

"Un equipo dos potentes da competición, moi físico, con capacidade de correr o campo e de xogar a ritmo alto".

A semana pecharase o venres 6 de novembro, ás sete da tarde, cun novo compromiso do BAXI Ferrol, desta volta na Liga Feminina Endesa, fronte ao Innova-TSN Leganés. O encontro corresponde á sétima xornada da competición nacional e enfrontará dous equipos que buscan consolidarse na clasificación. O BAXI chega situado na oitava posición, con catro vitorias e dúas derrotas, mentres que o Leganés ocupa a undécima praza, con dous triunfos e catro partidos perdidos. As ferrolás tratarán de prolongar o seu bo inicio ligueiro nunha pista sempre esixente.

A G2 e AGalega.gal achegan aos afeccionados as citas de primeiro nivel do baloncesto feminino, coa emoción da competición europea e a igualdade da Liga Feminina Endesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade