Cargando resultados...
Un bo Baxi cae ante un Olympiacos fortalecido tras o descanso (58-77)
As ferrolás tiveron unha boa primeira parte, pero non conseguiron manter a vantaxe
G24.gal
03/11/2026 21:44
O Baxi Ferrol saíu á pista da Malata con ganas de darlle a volta ao resultado do partido en Grecia, no que perderan 96-68. As intencións estiveron claras desde o primeiro cuarto, no que as ferrolás mantiñan a vantaxe, aínda que axustada, ante un Olympiacos ao que lle custaba tirar o muro do Uni Ferrol.
As tornas cambiaron logo do descanso. O terceiro cuarto comezaba cun grande acerto do Olympiacos, que lle daba a volta ao marcador nos primeiros minutos, para encamiñar xa a vitoria, aínda que o Baxi, contestatario, trataba de seguirlle o ritmo. No último cuarto, porén, o Olympiacos foi moi superior e a falta de puntería rematou coas opcións de remonta do Baxi.