Cargando resultados...
O Baxi supera ao Mirai Euskotren na prórroga (85-91)
O partido decidiuse na prórroga
Cuarta vitoria da temporada das de Ferrol
Claire Melia foi a mellor das galegas
G24.gal
31/10/2026 21:59
Última actualización 31/10/2026 22:12
Vitoria de mérito do Baxi Ferrol na cancha do Mirai Euskotren. O partido estivo moi igualado e decidiuse na prórroga, alí as galegas engancharon un parcial de 6-12 para levar para Ferrol a cuarta vitoria da temporada.
Anotaron as oito que xogaron, con seis delas en dobres díxitos de anotación. Destacou Claire Melia, con 20 puntos e 6 rebotes; foi a mellor das departamentais.