O Baxi e o Ensino buscan mañá a primeira vitoria da tempada na EuroCup
O equipo lugués recibe o Panserraikos grego
As ferrolás xogan en Polonia ante o Sleza Wroclaw
O Baxi Ferrol e o Durán Maquinaria Ensino buscan mañá a primeira vitoria da tempada na Eurocup: o equipo lugués recibe no Pazo o Panserraikos grego ás 20:00 horas, mentres que o conxunto ferrolán xogará ás 18:30 horas en Polonia ante o Sleza Wroclaw.
Os dous encontros corresponden á terceira xornada da fase de grupos e serán televisados pola G2. Ningún dos catro equipos acadou ata o de agora unha vitoria, polo que esta cita europea é clave para tentar finalizar polo menos como terceiro clasificado de grupo.
Diego Fernández, segundo adestrador do Ensino, apunta que o conxunto está "con boas sensacións despois do partido co Valencia, malia a derrota. O equipo vai a máis. A idea é consolidar en Europa esa mellora da liga".
Lino López, adestrador do Baxi Ferrol, lembra a dureza do seu grupo, cos dous primeiros postos inalcanzables: "As nosas opcións europeas pasan por gañar contra o equipo polaco. Cad apartido hai que afrontalo como unha final, pois Olympiacos e CBK Mersin son moi difíciles".