O Deportivo Abanca cae na súa visita ao Madrid CFF (2-1)
Marisa adiantou ás herculinas na primeira parte
Holt e Mariana Silva déronlle volta na segunda
O Deportivo queda con 11 puntos na zona media da táboa
O Deportivo Abanca perdeu na súa visita ao Madrid CFF. O partido comezou cun respectuoso minuto de silencio na memoria das vítima do accidente de Urda.
As galegas sairon moi forte. Paola evitou o primeiro tanto. Pero logo nada puido facer na xogada do primeiro gol. Un centro de Olaya e o remate -de primeiras- de Marisa. Ían 30 minutos de partido.
Nada máis comezar a segunda parte, Holt acadou o empate. Estivo máis rápida e lista que a defensapara cazar un rexeitmento no pao. E despois Mariana superou a Antía no minuto 81; non chapou ben a terceira porteira do Deportivo e o balón quedou morto, para que Mariana Silva só tivera que empurralo.
As coruñesas quedan con 11 puntos, na zona morna da táboa clasificatoria.