Publicador de contidos

Publicador de contidos

A copa da Raíña deixa un Dépor-Europa e As Celtas-Español na terceira eliminatoria

A copa da Raíña deixa un Dépor-Europa e As Celtas-Español na terceira eliminatoria

G24.gal 05/10/2026 17:27

Esta tarde celebrouse o sorteo da terceira rolda da Copa da Raíña, onde temos a dous equipos galegos. A eliminatoria decidirase a partido único, que serán entre os días 3 e 5 de novembro. 

O Deportivo Abanca, como equipo de Liga F, enfrontarase ao Club Esportiu Europa de Primeira Federación. O partido será no Nou Sardenya. O equipo catalán accedeu a esta eliminatoria logo de gañar ao AEM e o Vilarreal. 

Pola súa banda, As Celtas continúan avanzando nesta competición, na primeira vez que disputan a Copa da Raíña, e deberán enfrontarse nesta terceira rolda ao Español, equipo de primeira división. Xogarán na Madroa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade