Cargando resultados...
O Deportivo métese nos oitavos de final da Copa grazas a un gol de Marisa no minuto 92
O próximo rival na liga será o F. C. Barcelona en Riazor
Foto Deportivo
G24.gal
13/11/2026 11:13
Última actualización 13/11/2026 11:18
O Deportivo Abanca venceu por 0-1 ao CE Europa este xoves no Estadio Nou Sardenya de Barcelona en partido correspondente á terceira eliminatoria da Copa da Raíña.
As catalás, que transitan pola zona alta do grupo 2º de Primeira Federación, apearon en las eliminatorias anteriores ao Vilarreal C. F. e ao SE AEM.
Causaron baixa por lesión no Dépor, Merle Barth, Espe Pizarro, Millene, Eva Alonso e Inês Pereira. O partido e a eliminatoria decidíronse no minuto 92. Tras un saque de esquina, Marisa engancha un remate de cabeza entrando desde atrás que supera a Mar e vale a clasificación para os oitavos de final.
O próximo rival na liga será o F. C. Barcelona.