Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remonta épica do Deportivo Abanca con dous goles nos últimos minutos (2-1)

Remonta épica do Deportivo Abanca con dous goles nos últimos minutos (2-1)

Debutou a porteira de 16 anos Ana Seoane despois dunha operación de última hora da titular Inés Pereira

Millene empatou no 89 e Lucía Pardo marcou no 100 para derrotar a un rival directo como o Alavés

G24.gal 25/10/2026 14:26

O Deportivo Abanca gañou en Riazor diante do Alavés, un rival directo pola permanencia grazas a un gol de Millene no 89 e a outro de Lucía Pardo no 100, o último dos dez minutos de engadido que decretara a colexiada. O partido comezou accidentado. Nas horas previas a porteira portuguesa Inés Pereira tivo que sufrir unha operación e ao adestrador non lle quedou outra que botar man dunha xogadora de 16 anos, Ana Seoane, que fixo a súa estrea na máxima categoría.

O encontro puido cambiar aos dous minutos pero Millene fallou a ocasión máis clara do partido para as coruñesas. Dominou o Deportivo Abanca neses primeiros intres pero co paso dos minutos o Alavés tamén apareceu en ataque. No 25 unha falta de Carmen Sobrón superou a Ana Seoane e puxo o 0-1. 

Non tivo capacidade de reacción o Deportivo nese primeiro tempo e no segundo puido igualar noutro tiro de Ainoa Gómez preto do pau. O perigo chegaba con lanzamentos desde fóra da área que non inquedaron á porteira visitante. A cinco minutos do final Laia Parera viu o cartón vermello directo e o Alavés quedou con 10. Iso aproveitouno o Deportivo para acadar o gol do empate grazas a un remate de Millene. Aínda quedaba un engadido longo que acabou aproveitando o cadro coruñés para lograr a vitoria grazas a un tanto de Lucía Pardo no 100.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade