Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Balonmán Cangas acada a primeira vitoria no Gatañal contra o Sevilla (31-27)

O Balonmán Cangas acada a primeira vitoria no Gatañal contra o Sevilla (31-27)

Os de Quique Domínguez deixan a última praza, que agora ocupa o Nava

Foto: @bmproin
G24.gal 22/11/2026 11:42

O Camgas acadou a primeira vitoria da temporada no Gatañal, e a segunda do que levamos de Liga ASOBAL. Un triunfo que lle permite deixar a última praza, que agora ocupa o Nava.

Foi un triunfo traballado diante do Bm Proín de Sevilla, que ofreceu resistencia e respondeu aos parciais anotadores dos galegos. O primeiro, un 4-0 que chegou axiña para os locais para colocárense 6-3. Foi cun 0-5 co que se puxo por diante, aínda que a reacción final do Cangas cun 12-11.

Na segunda metade, a máxima renda foi do Cangas, seis goles a dez minutos do final. Pero, con todo, tocoulle sufrir ós de Quique Dominguez. Un parcial de 1-6 impediu un final tranquilo para os cangueses que acabaron catro arriba: 31-27, con Arnau Fernández como xogador máis destacado con seis goles sen erro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade