Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca recibe ao Barcelona en Riazor á busca da sorpresa

O Deportivo Abanca recibe ao Barcelona en Riazor á busca da sorpresa

As coruñesas acumulan dúas derrotas na Liga, pero chegan fortalecidas pola clasificación na Copa da Raíña

G24.gal 15/11/2026 10:55

O Deportivo Abanca recibe esta tarde en Riazor ao líder, o FC Barcelona de Claudia Pina e Aitana Bonmatí. As coruñesas chegan logo de dúas derrotas seguidas na liga, e de superar in extremis a eliminatoria na Copa da Raíña, o xoves fronte ao Europa. 

Non é o mellor momento do cadro coruñés en plena vaga de lesións. Con baixas importantes como son Barth, Espe Pizarro, Millene e Inés Pereira. Ademais tampouco poderá xogar Michi Apóstol por sanción tras ser expulsada no último partido.

O Barcelona, acabado de coroar como mellor equipo do mundo na gala do Balon de Ouro, vén de empatar co Arsenal na Liga de Campioas. Chegará sen Graham nin Irene Paredes por decision técnica, e sen a mancada Vicky López.

Para Alberto Rodríguez, "a semana foi longa, polos partidos e as viaxes. A palabra é motivación, e o reto de enfrontarnos a un dos mellores equipos do mundo, e iso é unha boa proba para nós. Se rozamos a perfección poderémoslles crear problemas, esa é a nosa motivación", concluíu na previa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade