Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empate do Fabril ante o Barakaldo con polémico final (2-2)

Empate do Fabril ante o Barakaldo con polémico final (2-2)

O filial pagou a súa falta de pegada

Kevin e Noé Carrillo foron os goleadores locais

Márkel e Carlos Matheuss marcaron para os visitantes

O Fabril pediu un penalti no minuto final 

O partido acabou con polémica e protestas fabrilistas
G24.gal 14/11/2026 21:02

O Fabril e o Barakaldo empataron a dous no primeiro partido da temporada en Abegondo. O cambio de escenario non lles servíu aos de Manuel Pablo para facerse co triunfo. Cando menos salvaron un punto preto do final.

Comezou ben o partido o conxunto coruñés, combinando o xogo e creando con certa facilidade. Así chegou o un a cero, no minuto trece. Xogada de Noé e remate de Kevin. Os dous habituais das convocatorias do primeiro equipo protagonizaron a acción.

Tralo gol o Fabril seguíu en plan dominador, pero o Barakaldo mostrou todo o seu oficio na súa primeira oportunidade, no minuto 21. Nun córner chegaba o empate. Márkel Ruiz aproveitaba unha prolongación do ex deportivista Pablo Trigueros. O balón parado condenou aos fabrilistas no primeiro tempo. E a efectividade, ou a falta dela, na segunda metade.

E é que os fabrilistas gozaron dunha moi clara para adiantarse no marcador. Pero Íker Gil non puído rematar con acerto outra combinación entre Noé e Kevin. E pouco despóis sí que acertaban os visitantes. Disparou ao pau de Endika e gol de Carlos Mattheus. Era o minuto 69. Máxima efectividade para un Barakaldo que rozou a súa primeira vitoria a domicilio da temporada. Pero apareceu, como non, Noé Carrillo para poñer as táboas definitivas no marcador no minuto 89.

A gran calidade de Noé valeu un punto nun partido que acabou con polémica. O Fabril pedíu penalti por un agarrón de Márkel Ruiz a Martín Ochoa. A revisión non convenceu ao colexiado. Logo deste empate o coruñeses seguen en postos de descenso con doce puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade