Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril volve ao rego das vitorias en Zamora (1-3)

O Fabril volve ao rego das vitorias en Zamora (1-3)

Manu, Gil e Martín Ochoa goleadores galegos

Carlos Ramos marcou para o Zamora de Óscar Cano

O Fabril curta cunha xeira de catro derrotas seguidas

G24.gal 01/11/2026 21:47

Estelar Manu, menudo incio de partido. O centrocampista do Fabril converteu un mal pase local nun soberbio gol. De antoloxía. O de Castroverde sacou a calidade para marcar desde o círculo central. Unha xenialidade. Do memso xeito que logo foi Gil o que aproveitou outro erro local. Primeiro tanto da temporada para o do Val do Dubra. O Fabril amosou calidade, pero sobre todo pegada para rendibilizar as facilidades do Zamora.

Un Zamora que da man de Óscar Cano foi quen de meterse na pelexa a 20 minutos do final, nun córner que remachou Carlos Ramos. Quixo ir arriba. Mais apenas oito minutos durou a incerteza, o que tardou Martín Ochoa en volver marcar. Viña de entyrar no partido.

Satisfacción deportivista en Zamora. Logo de catro derrotas seguidas os de Manuel Pablo volven ao rego das vitorias. A primeira fóra da casa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade