Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo é máis líder logo de derrotar ao Mérida (2-1)

O Lugo é máis líder logo de derrotar ao Mérida (2-1)

Gallar e Chiqui puxewron en vantaxe aos galegos na primeira parte

Hallson recurtou na segunda para o Mérida

Co triunfo, o Lugo amplía a diferenza ao fronte da clasificación 

Foto LaLiga
G24.gal 01/11/2026 21:07

Convencidos seguen en Lugo no seu retorno a Segunda. Nin o tropezo en Irún, nin as dificultades que lles plantexou o Mérida os fixeron decaer. Nin tampouco ver como o colexiado, logo de sinalar penalti a Godoy (minuto 5), acabou rectificando a súa decisión para indicar unha falta.

Os de Borja terían a recompensa pouco despois. cando logo dun saque moi longo de Embadje cara Godoy, este caeu derrubado polo meta Scenterics, na súa saída. E, esta vez si, o árbitro decretou penalti. Do lanzamento encargouse Gallar, para sumar o seu cuarto gol no que levamos de temporada (minuto 23).

Oito minutos despois, unha arrancada de Ulloa resolveuna Chiqui para o dous a cero. O extremo é de Merida e non quixo celebrar o tanto por respecto. Cuarto gol na Liga para el.

Os visitantes complicaron o partido na segunda metade, sobre todo, co tanto do islandés Hallson (minuto 77). Daquela chegou a incerteza, pero os locais souberon aguantar e esta vitoria -xunto co tropezo da UD Logroñés- sérvelles para ampliar a súa diferenza ata os cinco puntos ao fronte da clasificación. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade