O Lugo voa e ponse líder en solitario cun gran partido en Avilés (1-2)
Remonta o partido ante o Real Avilés Industrial no último minuto
O equipo de Borja Fernández segue invicto
Comezaba o encontro o Lugo obrigado a remontar un gol illado do Real Avilés Industrial no minuto catro. Santamaría adiantaba aos locais. Pero os asturianos, dirixidos polo galego Yago Iglesias, non souberon manter a vantaxe. Logo se viu que o que dominaba o partido era o Lugo, que controlaba o xogo ainda que lle faltaba o gol.
Non chegou na primeira metade, pero si na segunda. Os cambios de Borja Fernandez propiciaron esa maior pegada e o primeiro gol. A Álex Costa bastáronlle dous minutos no campo para poñer o empate no minuto 66. Desde aí, o Lugo foi claramente a polo segundo gol. Puido ser de novo Álex Costa no 94, pero anuláronlle o gol por falta previa.
Os últimos minutos foron un pouco tolos en Avilés ata que chegou por fin o gol da remontada. Alan Godoy puxo o merecido 1-2 co que o Lugo segue invicto e ponse líder en solitario da Primeira Federación.