Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo gaña en Cáceres e ponse máis líder con 28 puntos en 11 xornadas

O Lugo gaña en Cáceres e ponse máis líder con 28 puntos en 11 xornadas

Gañou no campo do Cacereño 0-1 con gol de Morchiladze

Máxima puntuación histórica no Grupo I da 1ª RFEF nesta altura da temporada

Morchiladze dedica o seu gol a Jesús de Miguel
G24.gal 06/11/2026 21:04

O Club Deportivo Lugo segue imparable na Primeira Federación é hoxe é máis líder grazas a unha nova vitoria fóra da casa. Desta volta, os lugueses gañaron 0-1 ante o Cacereño cun gol de Morchiladze. O xeorxiano entrou no once inicial a última hora, pola baixa de Álex Gallar por un cadro vírico, e fixo valer a súa oportunidade. No minuto 17' adiantaba aos seus cun golazo dende fóra da área, que dedicou ao recentemente falecido Jesús de Miguel. Antes, no minuto 9 do encontro tamén se homenaxeou a De Miguel, parando o xogo durante un minuto. 

O gol de Morchiladze foi suficiente para sumar de tres puntos. O Lugo de Borja Fernández afiánzase no máis alto con 28 puntos en 11 xornadas, o que supón unha marca histórica no Grupo I da Primeira Federación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade