O Rácing detén a súa serie de triunfos en Anduva (2-0)
Raúl Martínez encarreirou o partido para os locais a balón parado
O lugués Jorge González sentenciou no 90
O Rñacing viu freada a súa serie de tres triunfos consecutivos na difícil visita a Anduva, diante dun rival que estreaba adestrador logo da saída de Antxón Muneta o luns, e a chegada do ex-técnico do Europa Adai Benítez.
O Rácing foi mellor no primeiro tempo, tivo máis a posesión e tocou mellor o balón, pero acabou por detrás no marcador por culpa dunha acción illada. Unha boa estirada de Lucas Díaz paraenviar a córner un tiro de Markel Lozano, aproveitábano os locais para cazar o gol á saída do saque desde o curruncho. Colleu un balón morto Raúl Martínez e abriu a conta.
O Rácing buscou o gol da igualada, pero o Mirandés, que so apañou un gol en Anduva en toda a Liga, pechou a súa área e non permitiu moitas ocasións claras, máis aló dun lanzamento de falta de Dani Ojeda que obrigou á estirada a Chus Ruiz.
E ao bordo do tempo regulamentario, outro ataque rápido dos locais serviulles para sentenciar o choque, con asistencia de Uzkudun e gol do galego Jorge González. Ao final, 2-0 en Anduva para un Mirandés que se coloca con 14 puntos, xusto por detrás do Räcing, que ten 16.