Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril cae con contundencia diante do Estremadura en Riazor (0-5)

O Fabril cae con contundencia diante do Estremadura en Riazor (0-5)

Os de Manuel Pablo, moi febles en defensa, perdían xa 0-3 ao descanso

É a cuarta derrota consecutiva do filial, que ocupa posto de descenso

Foto: @DeporCanteira
G24.gal 24/10/2026 15:04

Cuarta derrota seguida do Fabril que perdeu este mediodía en Riazor ante o Estremadura.

O rival foi superior dende o comezo. O primeiro gol chegaba ós catorce minutos, obra de Kike Márquez. Vinte minutos despois, o segundo. Erro clamoroso en defensa que aproveitaba Marco Manchón. E o cadro estremeño pechaba o primeiro tempo cun 0-3 ó seu favor co gol de Rodri Escudero.

Ó Estremadura chegáronlle vinte minutos do segundo tempo para completar a goleada con dous goles máis. Escudero, de novo. E Sergi Molina deixaron o 0-5 no marcador. O Fabril leva un mes sen puntuar e estáncase nos postos de descenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade