O Lugo esvara en Irún e perde o primeiro da temporada (4-1)
Primeira derrota para os de Borja Fernández nesta temporada
O CD Lugo viaxaba a Irún tratando de aumentar a súa distancia como líder da Primeira Federación, pero nada saíu segundo o guión de Borja Fernández.
O equipo vasco estivo máis metido no partido durante os 90 minutos, aínda que era o Lugo o primeiro en marcar no minuto 9. Só un aviso, xa que o tanto de Kike Hermoso foi anulado e pouco despois adiantábanse os locais. Minuto 13, gol de Azkune desde o segundo pau logo dun saque de esquina. Os xogadores lucenses esvaraban polo campo e non atopaban solucións ao xogo rival.
Na segunda metade intentou o Lugo a remonta. Chegou así o empate a 1 no minuto 62, logo de varios intentos en ambas áreas. Gol de Alan Godoy a pase de Pere Haro.
Cando o Lugo trataba de darlle a volta ao partido, o Real Unión volveu coller o mando e xa non o soltaría. Tres goles na úlima media hora de encontro por parte Jord Pola en saque de esquina, Unai García tras un erro na saída de balón e Sangalli xa no engadido.
Dura derrota, a primeira da temporada para o Lugo, que manterá o liderado nesta xornada, pero que hoxe amosou o seu peor xogo aos mandos de Borja Fernández.