A UD Ourense cae goleada diante dun Avilés máis efectivo (3-0)
Os de Juan Carballo puideron empatar cun gol de Baldrich que foi anulado
Os de Yago Iglesias sentenciaron no treito final
A UD Ourense perdeu na súa visita ao campo do Avilés, que aproveitou mellor as súas ocasións diante dun cadro galego carente de gol.
Á media hora de partido marcaba Cris Montes tras un centro de Jon Sillero. Co 1-0 chegaron os mellores momentos da UD Ourense, que mesmo meteu o tanto do empate por medio de Baldrich, pero foi anulado.
O segundo tanto do Avilés, que rematou coas aspiracións galegas, chegou no minuto 73. Marcaba Santamaría tras unha parada de Vizoso.
O 3-0 marcouno Natalio. Con polémica poque o colexiado anulouno por fóra de xogo pero, logo da revisión, rectificou e deu validez ao gol.
A UD Ourense segue abaixo, de penultima, cunha única vitoria e 5 puntos en oito xornadas