Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bolton lidera a vitoria do Breo ante Burgos (119-110)

Bolton lidera a vitoria do Breo ante Burgos (119-110)

San Pablo Burgos comezou mellor (19-27)

A reacción galega aconteceu da man de Brown antes do descanso

Bolton foi determinante con 32 puntos e 50 de valoración

Quinta vitoria do Breo

EFE
G24.gal 14/11/2026 18:57

Con problemas. Así arrancou o partido o Breogán. Moi frouxo atrás e carente do acertou doutros días arriba. Con sensación de que lle faltaba un punto de intensidade. O primeiro cuarto foi para o San Pablo Burgos por 19 a 27.

Pero o segundo foi outra historia. Porque os lucenses subiron o nivel, sobre todo en defensa. Propiciaron nove perdas. E, en ataque, encontraron a inspiración de David Brown (10 puntos neste cuarto). O Breo deulle volta á situación e, cun parcial de 28-11, marchou nove arriba ao descanso, 47-38. 

Á volta do intermedio Bolton e Mavra sumáronse a Brown. Os galegos mantiveron o ritmo do segundo cuarto e, a pesares dos intentos de Burgos liderados por Doumbouya (15 puntos nestes minutos), a maior calidade galega permitíulles manterse por diante. Foi un cuarto no que os ataques puideron coas defensas e que se pechou cun parcial de 41-42 (83 puntos no cuarto), para un marcador de 88-80. 

Con esa tolemia anotadora entramos nos dez minutos finais. E cun Bolton desatado. Burgos seguía anotando fácil, pero enfronte Bolton sempre estaba para dar resposta. Pechou o partido con 32 puntos e 11 asistencias para 50 de valoración. E o Breo sumou a quinta vitoria da temporada, 119-110.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos