Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UD Ourense tira o partido co Mérida en nove minutos (1-3)

A UD Ourense tira o partido co Mérida en nove minutos (1-3)

Os tres goles chegaron nos nove minutos finais da primeira parte

Hallson, Sandoval e Koné foron os goleadores visitantes

Tejón asinou un golazo para os galegos

Foi a estrea de David Ruíz como adestrador no Couto

G24.gal 14/11/2026 16:26

Estrea da UD Ourense de Agustín Ruiz no Couto. Ovación para o adestrador e problemas de incio para o seu equipo. Porque o Mérida impuxo a súa presión, o seu posicionamiento medio/alto e soubo encontrar na banda esquerda unha via de chegada. Doncel deixou a ocasión máis clara para eles neste arranque. A dos galegos aconteceu nun córner que rematou defectouso Irazu; estaba nunha posicion clara de remate, pero o central meteulle a perna esquerda cando a xogada requería da dereita. 

Co paso dos minutos o equipo galego foi mellorando e pasada a media hora pareceu ter o partido mesmo controlado. Aí Xabi dispuxo dunha boa que se lle foi fóra. E a seguir o Mérida descoseu o partido. Nos nove últimos minutos desta primeira parte. Con goles de Hallson, á saída dun córner. De Sandoval, logo dunha centro desde banda dereita. E de Koné, nunha contra. 

Así se lle foi o partido a UD Ourense. Na segunda metade tentouno. Rexistramos un par de tiros de Ferreiro e un golazo de Tejón (79´). E moito fútbol control do Mérida. E rexistramos tamén un apagón. Fallou a iluminación do Couto. Perfecta metáfora, a do apagón, do que sufriu o equipo nos últimos minutos do período anterior e que lles custou o partido.   

Esta é a cuarta derrota da UD Ourense nos últimos cinco partidos. Continúan en descenso.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade