Un penalti no engadido dálle o triunfo á UD Ourense (1-0)
Partido de sufrimento e fe dos galegos
A Cultural tivo máis e mellores ocasións
Decidiu un penalti que marcou Champi na compensación
Segunda vitoria da temporada para os das burgas
Día complicado para a UD Ourense, deses no que compre poñer o traxe, coller a pico e a pala e comezar a traballar. Porque son estes partidos de sufrir, de oficio, de apretar os dentes confiando en manter a portería a cero e agardar por unha oportunidade.
A Cultural xogou mellor no primeiro tempo e acumulou un par de opcións salientables. E aí xa tocou aguantar. Os galegos tardaron case 40 minutos en achegarse con perigo pola porta rival. E iso que xogaban como locais.
Na segunda metade, a UD entrou mellor e, por momentos, pareceu controlar mesmo a Cultural. Pero, co paso dos minutos, os visitantes volveron a chegar. E volveu tocar sufrir, encomendarse ao porteiro Vizoso. E, no medio do acoso, mesmo con gol anulado aos visitantes, no tempo de compensación os galegos sacaron unha contra que acabou con penalti a Varo Fernández. Unha acción miragreira que premiou a fe, o saber sufrir. Champi materializou o penalti e a UD asinou a segunda vitoria da temporada. Un triunfo miragreiro que premia o crer e saber sufrir.