Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspendida a xornada do mércores na Copa do Rei polo accidente de Urda

Suspendida a xornada do mércores na Copa do Rei polo accidente de Urda

A Federación tomou a decisión logo do accidente de trens de Urda

Queda pendente a decisión para os partidos do xoves e a nova data para xogar os 24 encontros adiados, entre os que estaban os do Celta, Coruxo e Unión Deportiva Ourense

G24.gal 28/10/2026 12:48

Logo da confirmación da gravidade do accidente de Urda, a Real Federación Española de Fútbol tomou a decisión de suspender a xornada copeira do mércores.

O Celta, o Coruxo e a Unión Deportiva Ourense tiñan que xogar os seus encontros e agora agardan noticias para saber a nova data dos partidos. En total son catorce os encontros adiados con cinco equipos de Primeira implicados: Celta, Levante, Alavés, Valencia e Betis. Os máis prexudicados son o cadro vigués e o Betis que están a disputar tres competicións. 

Non hai decisión tomada coa xornada do xoves na que se xoga o Auriense-Deportivo. Os dous equipos tamén esperan pola determinación que tome a RFEF nas vindeiras horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar